Grupo coroa

Dous grupos coroa (en cor salmón) conectados por un antepasado (círculo negro). Os dous grupos forman un grupo coroa máis grande (violeta).

En filoxenética, o grupo coroa dun conxunto de especies consiste nos representantes vivos do conxunto xunto cos seus antepasados ata o seu antepasado común máis recente e tamén os descendentes do antepasado. Forma así un clado, un grupo que consiste nunha especie e todos os seus descendentes.

O concepto foi desenvolvido por Willi Hennig, o formulador da filoxenia sistemática, como un modo de clasificar os organismos vivos en relación cos seus parentes extintos na súa obra "Die Stammesgeschichte der Insekten",[1] e a terminoloxía grupo "coroa" e "tronco" foi acuñada por R. P. S. Jefferies en 1979.[2] Aínda que formulado na década de 1970, o termo non se utilizou comunmente ata a súa reintrodución en 2000 por Graham Budd e Sören Jensen.[3]

  1. Hennig, W. (1969). Die Stammesgeschichte der Insekten. Waldemar Kramer, Frankfurt am Main. 
  2. Jefferies, R.P.S. (1979). "The Origin of Chordates — A Methodological Essay". En M. R. House. The Origin of Major Invertebrate Groups. London ; New York: Academic Press for The Systematics Association. pp. 443–447. ISBN 0123574501. 
  3. Budd, G.E.; Jensen, S. (2000). "A critical reappraisal of the fossil record of the bilaterian phyla". Biological Reviews 75 (2): 253–295. PMID 10881389. doi:10.1111/j.1469-185X.1999.tb00046.x. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2019. Consultado o 06 de agosto de 2017. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search